2020, #UnGrandeAnoEspéranos

Na familia temos por costume reunirnos o 31 de decembro e, durante a sobremesa, cada un conta os éxitos e fracasos do ano que remata. En ton alegre e con bo humor, aplaudimos os logros individuais conseguidos e apupamos os proxectos que non saíron.

Despois, compartimos os propósitos para o Ano Novo coa confianza de que as 12 uvas nos axudarán a culminar 12 meses de fortuna arroupad@s pola familia no bo e, tamén, nos momentos difíciles.

Teño un curmán bombeiro moi optimista que ri moito e que compara os Seguros co aire. Di que o aire está en todas as partes, respirámolo e permítenos vivir. Igual que os Seguros. Discretos, pero aí están, sen que se noten, garantindo a supervivencia dunha sociedade ante, case, todos os contratempos.

Na miña Carta Persoal de Desexos para 2020 pido que non esqueza nunca que as persoas somos únicas e irrepetibles con necesidades diferentes. E na nosa “Correduría”, así tratamos a clientela, con deferencia.

E é que, non contratamos pólizas cun número. Acompañamos, ano tras ano, compañeir@s de viaxe tan especiais como Manolo (o do bar da esquina), dona Xoana (a presidenta da comunidade) ou Pepe (o electricista)… Homes e mulleres de carne e óso con nome e apelidos. Persoas moi importantes ás que queremos seguir coidando.

Todo o equipo da “Correduría”, desexámosche que estes días soñes con novos retos. Entrementres, comprometémonos a protexer o que máis queres para que simplemente te dediques a alcanzar as túas metas.

Felices Festas!