73 millóns para Campofrío como adiantos polo incendio de Burgos. Os seguros estamos aquí para este tipo de situacións.

Os seguros funcionan cando os necesitas. Polo menos, así opina Campofrío tras o incendio da fábrica de Burgos. O domingo 16 de novembro queimáronse 70.000 metros cadrados da súa factoría. Segundo Remedios Orrantia, directora de RR HH, a empresa contaba con “un moi sólido programa de seguros, dotado dunha estrutura sólida de coberturas. Isto é moi importante porque sempre pensas que é algo que nunca vas ter que utilizar e ata que acontece un gran sinistro non aprecias a verdade do valor deste programa”.

Nós estamos aquí para este tipo de situacións

Así é como responderon as compañías tras o sinistro. É a razón do noso traballo como corredores de seguros: xestionar os teus riscos buscando a mellor póliza.

Campofrío recibiu xa 73 millóns de euros de adiantos pola indemnización do incendio. A memoria das súas contas anuais de 2014 indica que o efecto de perdas e ingresos extraordinarios dá un saldo positivo de 25 millóns. Grazas ao seguro, a empresa non sufrirá un impacto negativo no seu patrimonio.

Que cobre o seu seguro?

Practicamente todo: os danos materiais que sufriu a planta de produción de Bureba e a perda de beneficios que se produciu pola redución de vendas a consecuencia do sinistro. Tamén compensa os custos adicionais da compañía para volver recuperar as súas vendas.

A empresa explica na súa memoria como “a sociedade espera recibir unha compensación adicional en concepto de indemnización por danos materiais, perda de beneficio e os custos adicionais en que poida incorrer… durante os 12 meses seguintes á data do sinistro”. Desta forma, os seguros vanlle permitir “cubrir a totalidade do valor de reposición dunha nova fábrica con capacidade equivalente á anterior”.

Calquera empresa, non importa o tamaño, pode asegurar estas eventualidades. Coa túa confianza poderiamos evitar que 7 de cada 10 empresas españolas pechen por estar mal aseguradas.