Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

A nova Lei de Tráfico: atención! ao carné de conducir, multas e ITV

Se aínda non tes carné de conducir, bule, porque se aveciñan exames máis exhaustivos para conseguir condutores mellor formados. A DXT (Dirección Xeral de Tráfico) pretende eliminar o exame teórico escrito para impedir a memorización de respostas e animar a improvisación

A cambio, estuda a proxección dun vídeo cunha situación arriscada onde o aspirante deberá describir cal é a forma de condución máis correcta posible.

Na proba práctica, a proposta será conducir seguindo as instrucións dun GPS. O alumnado percorrerá o traxecto ata o destino que lle dite a máquina e intentará resolver as dificultades que se lle presenten no camiño.

Máis efectividade, menos improvisación

As estacións da ITV realizarán diagnósticos máis concienciudos introducindo sistemas que detecten, por exemplo, se existe manipulación dos dispositivos anticontaminantes do vehículo.

Os excesos de velocidade estarán máis controlados e perseguidos. Xa se incorporaron 2 novos helicópteros Pegasus que case, case son invisibles. Controlan os coches e, tamén, os ciclistas infractores cando, por exemplo, circulan en paralelo.

5 drons sumáronse aos dispositivos de seguridade e xa vixían as nosas estradas dende este verán.

E mantéñense os 3 tipos de sancións: leves (ata 100 €), graves (ata 200 € e retirada de 2 a 4 puntos) e moi graves (ata 600 € e menos 6 puntos no carné).

Tamén se soben un 1,60% as indemnizacións do Baremo de Accidentes 2018 (o diñeiro que se vai percibir polos danos e prexuízos dun accidente de circulación).

E lembra: o seguro obrigatorio do coche é imprescindible. A multa por conducir sen seguro pode ir dende os 1.500 ata os 3.000 €, ademais de precintar o vehículo.