Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

A que idade pode ir o neno en moto?

En primeiro lugar, a nosa moto debe estar habilitada para levar pasaxeiro, e isto detállase no permiso de circulación. A partir de aí, a Lei establece a idade mínima aos 12 anos, ademais deberá apoiar os pés nas estribeiras para non perder o equilibrio nas curvas e nunca poderá ir entre o motorista e o guiador. Excepcionalmente, poden montar os maiores de 7 anos se van con calquera dos seus proxenitores ou titor . Tamén podería viaxar cunha persoa autorizada polos pais. Nestes casos, se levas o fillo dun amigo, mellor cunha autorización asinada.

O menor sempre terá posto un casco do seu talle. Tamén existen asentos e respaldos que suxeitan o neno durante a condución. E ademais do que di a DXT, sempre prudencia.