Manolo ten moi mal xenio e goteiras na súa casa por culpa de Antón, o veciño de arriba. O prato da ducha de Antón está descascado coa silicona mal colocada e, loxicamente, prodúcense filtracións. A auga saíu en fervenza pola lámpada do salón de Manolo. Ademais de estragar o piso de madeira e as paredes, fundiu os fusibles da luz e está ás escuras.
Dende que o seu veciño lle contestou de mala maneira que nunca contratara un seguro, Manolo teme que a súa conta corrente quede en números vermellos.
Desesperado chamounos á “correduría”…
– Tranquilo que a túa póliza de Fogar inclúe defensa e reclamación xurídica. Explícanos que aconteceu. Chamaremos o perito, a túa compañía de seguros asumirá os gastos da inundación e ocuparase de cobrarlle a Antón. El é o culpable e terá que pagar. Agora entenderá por que é importante estar ben asegurado.
22 razóns máis en 1 minuto
Á parte dos accidentes domésticos máis habituais (goteiras, danos eléctricos, roubo, incendio…), confírmoche que a principal razón para contratar unha póliza de Fogar é que se trata dun excelente investimento.
Outra razón moi importante é a Responsabilidade Civil das persoas que vivides na casa, aínda que esteades paseando pola rúa. Cando o teu can morde un peón ou o neno rompe os lentes de Antón, o veciño de arriba, o seguro paga…
Podería darche 20 razóns máis, pero todas se resumen nunha: cando os teus bens, o teu investimento e os teus seres queridos están custodiados polo “anxo da garda do seguro”, ti dormes e vives en paz.
Así debe ser.