Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Armas perigosas

Un estadounidense intentou un sinpa (sen pagar) cunha prostituta, pero o seu chulo alcanzouno e pisoulle a cara cunhas zapatillas deportivas Air Jordan. Necesitou cirurxía plástica mentres o agresor foi enviado 100 anos á sombra… Dixo: “non é culpa miña, señor xuíz, senón de Nike por fabricar estes perigosos artefactos”. E demandou a Nike por 100 millóns de dólares por non advertir na etiquetaxe que as zapatillas poden ser unha arma letal.

En 1,5 minutos a defensa de Nike desmontou este psicópata anti-social. Non obstante, non é unha demanda tan desatinada, xa que tribunais estadounidenses declararon como armas perigosas obxectos tan dispares como: botas, cordas, teléfonos móbiles, auga fervendo e unha agulla infectada de VIH.

Sentenza: un seguro de RC amortece o que che poida caer enriba, pois nunca sabes quen che pode demandar e por que.