ATENCIÓN SPOILERS XOGO DE TRONOS:

No aire mantíñanos esta serie, ata rematar; non entramos a valorar o final, pero como profesionais do sector non podemos deixar de ver algúns aspectos desta serie cunha mirada aseguradora:

  • Jaime Lanninster podería ter aseguradas as súas mans, como ferramenta de traballo (hai futbolistas que aseguran as súas pernas, sen ir máis lonxe Jennifer López ten asegurado o seu traseiro), ao perder a súa man dereita como Garda Real tería unha boa indemnización.
  • Daenerys Targaryen debería ter contratado un Seguro de Mascotas, o de Fogar non cobre todas as súas necesidades, e ampliar cunha boa póliza de Responsabilidade Civil pois, en ocasións, os dragóns queiman cousas polas que se desatan guerras…
  • Arya Stark, como asasina profesional, e mírese coa cara que se mire, sabe que é moi importante ter as costas cubertas e é que unha autónoma que ve o perigo de preto sabe que é moi importante ter determinadas coberturas, como a Invalidez, Incapacidade e, por suposto, ter contratada a súa póliza de RC Profesional.
  • Jon Snow, e os Seguros de Saúde, “non é manchego, non se recupera pronto”, polo que dispoñer dun bo servizo, rápido e de calidade, de urxencias, ademais de especialistas en coiteladas axudaríao moitísimo.
  • E, para rematar, hai que analizar eses Seguros de Fogar, garantido correctamente tanto o contido como o continente?, unha correcta garantía por incendio? Invernalia e a Fortaleza Vermella, son castelos, pero fogares, á fin e ao cabo, teñen dependencias anexas, mobiliario xenuíno e pezas de valor especial como un trono e, canto vale un trono?