“A Deus pregando e co mazo dando”.
Unha cousa é o que di a publicidade dos bancos e outra a que practican cos seus clientes, mesmo cando reclaman e teñen razón.
“Entón…, quen é primeiro: o cliente ou o banco?”
Neste caso, a resposta é doada: a túa entidade financeira é máis importante ca ti. Imos demostralo.
En 2014, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado de Valores) publicou 3.754 informes con case un 60% dos casos nos que o cliente tiña a razón. Os bancos só rectificaron en 196 ocasións, un 7,3% do total das consultas e reclamacións recibidas. A maior parte das queixas estaban relacionadas coa escasa información sobre un produto ou que non era adecuado para o investidor.
Por que os bancos non lle fan caso á CNMV?
Porque a súa opinión non é vinculante, aínda que si pode ser decisiva en caso de que o cliente decida acudir ao xuíz.
Por outro lado, queremos recordarche que os bancos non coñecen a industria aseguradora e comercializan os seguros vinculados a outros servizos, polo que adoitan tratarse de pólizas que non te protexen como cliente xa que obedecen a outros intereses e non ás túas necesidades. E nunca poden obrigarte a subscribir un seguro, tes plena liberdade para escoller a compañía que consideres máis adecuada.