A poboación española cada vez vive máis anos. Tanto homes coma mulleres superamos os 80 en esperanza de vida. Temos máis tempo, pero tamén nos enfrontamos a máis situacións de dependencia, non só por idade, senón tamén por enfermidade, accidente, discapacidade ou limitación. Para aliviar estas circunstancias, en 2006 aprobouse a Lei de Dependencia, non obstante, nos últimos anos o orzamento destinado ao “Sistema Nacional de Dependencia” sufriu duros recortes, o que provocou que centos de miles de persoas dependentes se visen sen prestacións e sen asistencia. Actualmente, 310.000 persoas co dereito recoñecido encóntranse en lista de espera para recibir atención.
Para cubrir parte desta necesidade, a industria aseguradora comeza a proxectar novos produtos con coberturas cuxa misión principal é garantir unha indemnización vía renda, capital ou prestación de servizo, cando o asegurado entra en situación de dependencia Isto acontece en 3 casos: por limitación física, psíquica ou intelectual; por incapacidade para realizar un mesmo as actividades cotiás; ou porque é preciso apoiarse nunha terceira persoa.
Quen é dependente?
Son aquelas persoas que necesitan apoio para realizar tarefas tan básicas como vestirse, comer, asearse… Poden ser mozos ou anciáns, persoas cunha discapacidade ou/e cunha enfermidade crónica ou temporal. Todas as persoas somos susceptibles de estar nesta situación nalgún momento da nosa vida, xa que nos pode sobrevir a calquera.
Que achega o seguro?
Á parte dunha indemnización, que se pode aboar como pagamento único ou ben como unha renda periódica, existen outras garantías como a asistencia familiar. Inclúe fillos, pais e cónxuxe aos que se lles axuda con orientación, asesoramento e axuda a domicilio.
Non son seguros obrigatorios, pero si recomendables. Tampouco son complexos, pero deben analizarse con coidado. O noso mellor consello é a previsión e estar ben asegurad@ é a mellor previsión.