Campofrío recibirá 313 millóns dos seguros

Cando unha empresa está ben protexida, os seguros funcionan. Campofrío recibirá 243,8 millóns de euros por danos e perda de existencias, e 68,9 millóns máis para cubrir as perdas derivadas pola interrupción da actividade.

Son as indemnizacións do incendio que sufriu a súa fábrica de Burgos o 16 de novembro de 2014. Nas súas Contas Anuais, a empresa considera que as pólizas lle permiten “cubrir a totalidade do valor de reposición dunha nova fábrica cunha capacidade equivalente á anterior”.