Chocamos 30 coches nunha sarabiada, paga o Consorcio?

Non, non… Non paga o Consorcio de Compensación de Seguros. Intervén en grandes catástrofes, pero non nas tormentas de sarabia. Cada un faise cargo dos danos que lles causou a outros vehículos. Se tes seguro a todo risco, tamén pagará os teus estragos.

Ademais, todos os ocupantes terán cubertos os seus gastos médicos e recibirán indemnización en caso de baixa ou secuelas. Non recibirán indemnización os condutores responsables dos danos que lles provocaron a outros.

Solución: enche o parte rápido onde anotarás os datos do condutor afectado e tráeo á nosa “correduría”.