Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Chuvia, néboa, neve… Así se conduce no inverno

Moito coidado porque os accidentes de tráfico do inverno producen un 30% das persoas falecidas e feridas con hospitalización. Os culpables son a chuvia e a néboa e, ás veces, a neve. Para evitalo, recomendámosche:

  • Unha posta a punto do vehículo.
  • Infórmate do estado das estradas antes de viaxar.
  • Na estrada: reduce a velocidade, aumenta a distancia de seguridade, evita xiros bruscos co volante, non aceleres nin frees bruscamente e, se podes, utiliza pneumáticos de inverno.

Tamén existen condutas que poden axudarche a evitar perigos:

  • Non empeces a circular ata que non teñas os cristais desembazados.
  • Se conduces con luvas, que sexan dun material que che permita suxeitar firmemente o volante. E fóra os abrigos, porque os cintos non suxeitan igual se non están próximos ao corpo.
  • Medicamentos, NON grazas, segundo o que tomes podes sufrir somnolencia.
  • Usa as luces traseiras antinéboa con néboa, chuvia forte ou nevadas. Serven para marcar a túa presenza e non para cegar.

En caso de dúbida, utiliza o teu sentido común.