Como viaxar ao estranxeiro e non se arruinar por un problema de saúde

A viaxe en avión medicalizado desde Estados Unidos a España custa 50.000 euros. Un voo regular en padiola acompañado dun médico 20.000 euros. Unha noite nun hospital norteamericano 3.500 euros.

O verán é unha estación que moitas persoas utilizamos para viaxar ao estranxeiro. Desafortunadamente, os españois non estamos afeitos a contratar un seguro de Viaje salvo que nos obriguen por imperativo legal. Ecuador, Cuba, Rusia, Bielorrusia, Alxeria ou Irán son países que esixen contratar unha póliza que cubra gastos médicos, repatriación e asistencia 24 horas.

Os desprazamentos por Europa son máis sinxelos se contas coa Tarxeta Sanitaria Europea (TSE). Garánteche a atención médica en todos os países da Unión Europea. Podes conseguila acudindo á Seguridade Social ou a través de internet.

Non obstante, esta Tarxeta non cobre o desprazamento de familiares nin a repatriación. Por iso che recomendamos un Seguro de Viaxe. Á parte de todas as coberturas médicas (incluídos desprazamentos), pode incluír 3 vantaxes que poden resultar imprescindibles:

  • Cancelación. En caso de anulación recuperarás o diñeiro pagado.
  • Interrupción ou regreso anticipado. Devolveranche o importe proporcional que non gozases.
  • Perdas de equipaxe, atrasos e RC (Responsabilidade Civil) polos danos que poidas causar a outras persoas.

Tamén che recomendamos que sexas prudente e laves ben as froitas ou verduras que comas. E prepara unha pequena caixa de primeiros auxilios de viaxe por se alguén se corta, se arrefría, lle doe a cabeza ou segue un tratamento.