¡CrearContrasinalSeguroHoxe3Agosto2020!

O mellor antídoto contra ciberataques é un contrasinal seguro. Terá máis de 12 caracteres, números, mesturará maiúsculas e minúsculas e cambiará vogais por números, pero non lugares nin nomes comúns. Isto sabémolo todos, pero queres saber algúns trucos?

Utiliza patróns doados de lembrar: exclamacións ao inicio e ao final, colle as dúas primeiras letras de cada palabra, respecta as maiúsculas e utiliza números para as datas. Por exemplo, e inspirándonos no título: ¡CrCoSeHo3A20!

Outra fórmula é utilizar o método PAO (persoa, acción e obxecto). Imaxina que es admirador de Julio Iglesias e pos ¡Juli0CantaHey!

Ollo! Crea contrasinais parecidos, pero non uses sempre estes. Se che gusta Rafa Nadal podes poñer ¡Nada1GañaRoGa!

Estarás máis CiberProtexido e divertiraste. O fundamento é que o teu contrasinal sexa seguro e que poidas recordalo ao instante.