Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Dime con quen andas e direiche… quen paga

O Código Civil declara responsables civís os proxenitores e persoas que teñan a tutela tanto de menores coma de maiores de idade que estean suxeitos á súa patria potestade ou tutela e que vivan na súa compañía.

Pelota, parque e ollo

Uns rapaces de 17 anos estaban xogando cun balón de coiro nun parque público. Golpearon unha rapaza. Sufriu unha lesión irreversible no ollo. O Tribunal Supremo obrigou os pais a indemnizala con 60.000 euros.

Pintura e incendio do coche e da casa

En Alacant, uns rapaces de 10 anos queimaron uns botes de pintura. Prenderon as matogueiras próximas provocando un incendio que afectou varios vehículos e unha casa. Foron condenados a pagar 20.000 euros.

O plasma do meu amigo

“O meu fillo, xogando á Wii na casa dun amigo, rompeu a súa TV de plasma. Como pai, síntome responsable e pagarei a TV”.

A menor, o seu mozo e o accidente

Unha rapaza, menor de idade, estrelou o deportivo do seu mozo, quen si era maior de idade. O rapaz demandou os sogros. O xuíz absolveunos porque a rapaza abandonara o fogar paterno para vivir co mozo, neste caso o seu ‘titor´. Polo tanto, os responsables do accidente non eran os pais, senón o rapaz.

Neto traveso

Un neno de 7 anos está ao coidado dos seus avós durante o verán e xogando rompe o cristal da ventá do veciño. Foron os avós os responsables do incidente ao estar ao coidado do neno e os que tiñan o deber de prestar vixilancia.

Pero ben… Todo isto ten solución?

Si, cando estás correctamente asegurado. Consúltanos!