Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Do bo veciño sae o bo amigo”

Veciñ@s moros@s? Unha baixante rota? Cada ano rexístranse en España case 1 millón de sinistros en comunidades de veciños. Quen as repara, canto custan, como protexerte?

Pasados por auga

Sabes que a maioría dos incidentes comunitarios veñen derivados por fugas de auga?

Debes saber que a Lei de Propiedade Horizontal regula as responsabilidades do construtor. Asumirá durante 10 anos os defectos de estabilidade do edificio, 3 anos os defectos construtivos e 1 ano os de remate, o resto, todas as responsabilidades son d@s propietari@s.

Esta lei non obriga a contratar un Seguro de Comunidades, aínda que algunhas Autonomías si o esixen (Madrid ou Valencia).

Será a Xunta de Propietarios quen contrate o Seguro Multirrisco da Comunidade. Chámase así pola amplitude de garantías que abrangue: incendio, roubo, vandalismo, Responsabilidade Civil, roturas, impactos, danos eléctricos e de auga, desatascamento, pragas, empregados infieis, morosos, danos estéticos…

Na determinación do prezo influirán o tamaño e ano de construción do edificio, os elementos de seguridade e as melloras acometidas.

Non metas a zoca

− Contratando un seguro por menos capital para que saia barato. Só se consegue que non se indemnice polo que custa o dano e @s propietari@s sempre terán que asumir o resto.

− Contratando coberturas que non sexan adecuadas polo tipo de comunidade. Só se consegue estar sempre cabread@ porque nunca está cuberto o dano ou a avaría cando hai un problema.

− Contratando un seguro “só” polo prezo. Cando a responsabilidade de todo a teñen @s propietari@s e deben responder co seu patrimonio.

E lembra!! Se o Seguro da túa Comunidade non alcanza a cubrir o importe dun sinistro, esta responsabilidade repercute de forma ilimitada n@s copropietari@s, tendo que facerse cargo da parte proporcional das indemnizacións que corresponderan, ben sexa por un sinistro no que un terceiro tivo un accidente ou o arranxo das humidades que provocou a canalización xeral nas vivendas veciñas. Non xogues.