Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

E canto custan os contratempos nas empresas?

E para reflectir a importancia dos Seguros para Empresas ou Seguros Industriais, destacamos os resultados trasladados por UNESPA.

Estímase que as aseguradoras desembolsan uns 1.200 millóns de euros cada ano para resolver os problemas cos que se atopa o tecido produtivo español. E se estes custos tivesen que saír directamente dos nosos petos?

Por outra parte, segundo o noso coñecemento e a nosa experiencia, desgraciadamente aínda existe de forma global nas PEME problemas de seguro; un 40% dos riscos sobre o patrimonio da empresa NON están ben cubertos, o 45% das empresas NON ten cubertos os riscos en relación cos seus equipos humanos, o 19% das necesidades de seguro relacionadas coa Responsabilidade Civil quedan sen cubrir e un 53,3% das empresas descoñecen os custos que lles supoñería unha paralización da súa actividade ou o non pagamento dos seus clientes.

A clave está en contratar exactamente o que a túa empresa necesita, atendendo especialmente os riscos máis probables e, por suposto, as coberturas obrigatorias. Nas nosas oficinas poderás encontrar as persoas expertas que saben ver e atender as túas verdadeiras necesidades.

Aí radica a importancia dos Seguros.