02/03/2020

E se che rouban as xoias da avoa?

Son obxectos con dobre valor: o que pagarías por elas e outro incalculable vinculado aos sentimentos.

Para incluír o roubo de xoias no teu seguro de Fogar deberás solicitarlle a un taxador que determine o seu valor. Irá acompañado dunha descrición e, se podes, dunha fotografía e/ou factura. En caso de roubo, recibirás unha indemnización polo valor estimado ou declarado.

Na maior parte dos casos, cando supere os 1.500 euros ou o 10% do contido asegurado terás que declaralas obrigatoriamente para poder cobrar a túa indemnización.