Estas festas: Durme para soñar e esperta para cumprir os teus soños

O Nadal é unha festa diferente ás do resto do ano. Estas festas están cheas de días e noites para compartir, para descansar, para reflexionar e escribir un futuro mellor.

Entre turróns e badaladas con uvas, proxectarás os teus soños e escribiraslles unha Carta aos Reis Magos ateigada de proxectos para ti e os teus seres queridos. Todos compartimos os mesmos desexos: saúde, amor e…, probablemente, reunirnos, dentro doutros 366 días, os mesmos que estamos aquí hoxe.

Na nosa “Correduría”, todos os anos practicamos o mesmo exercicio durante estas datas: revisamos as garantías da túa póliza e asegurámonos que son adecuadas para o 2020. E sempre! intentamos mellorar as coberturas de todo o que máis queres.

Desexámosche que estrees un ano tranquilo, sen sobresaltos… Queremos que durmas para soñar e que espertes para cumprir os teus soños.

Por iso, invitámosche a mirar cara a atrás, sen medo de afrontar o futuro, con confianza. Se nalgún momento fraqueas, dirixe os teus ollos ao redor e encontrarás a túa familia e amigos apoiándote. No outro lado, estaremos os “corredores” de seguros protexendo os teus pasos

Bo Nadal e Próspero Ano Novo.