Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Eu teño un chiringo á beira da praia, téñoo moi bonito e espero que ti vaias” Georgie Dann non inventou El Chiringuito

“Abrimos cando vimos, pechamos cando marchamos. Se vén e non estamos é que non coincidimos”. Fantásticas terrazas e chiringos para descansar, evadirse, refrescarse e comer, con boas vistas, ou cando menos ao aire libre. E iso é o que trae o verán, entre outras cousas.

A palabra chiringo vén dos traballadores das plantacións de cana de azucre en Cuba, nos seus descansos tomaban un chorro fino de café, ao que chamaban chiringo, co tempo denomináronse así os quioscos improvisados onde tomaban o café. En España foi o mítico El Chiringuito en Sitges en 1913 o primeiro bar de praia en acuñar o termo e estendeuse ata os nosos días. Máis tarde Georgie Dann triunfou coa súa canción en 1988, que tamén se estende ata os nosos días.

Chiringos, casetas de feira, tascas portátiles… lugares onde gozar do verán mentres tomamos algo. Nalgunhas ocasións, prodúcense intoxicacións polo mal estado dos alimentos. Quen ten a responsabilidade? Ben, son as persoas propietarias destes negocios. Deben cumprir a normativa de Sanidade sobre manipulación de alimentos e informar sobre alérxenos.

Podemos acudir con tranquilidade a calquera chiringo, non é o habitual, pero se acontece algún contratempo, como unha intoxicación ou unha caída, o local responderá co seu seguro de Responsabilidade Civil.

E se tes en propiedade (ou rexentas) un chiringo, o mellor que podes facer para cubrir as costas ante calquera reclamación (sexas culpable ou non, xa que sempre terás que asumir a responsabilidade) é contratar un “Seguro de Chiringo”.

Trátase dun seguro multirrisco, como calquera comercio ou establecemento de hostalería, coa particularidade de engadir dentro das súas coberturas as terrazas exteriores. Inclúen Responsabilidade Civil (cubriría este tipo de incidencias), incendio, explosión, raios, danos por auga, fenómenos atmosféricos, rotura de cristais, roubo…