Inundacións e Consorcio de Seguros

O final de outubro foi moi duro en Canarias. Do 20 ao 24 dese mes, as chuvias torrenciais provocaron 2 100 sinistros en vivendas, comercios, industrias e 500 coches. O custo oscilará entre 7,5 e 8 millóns de euros.

O Consorcio de Compensación de Seguros desprazou 30 peritos taxadores á zona para atender as solicitudes dos asegurados, xa que o Consorcio actúa sempre que exista un seguro.

En Andalucía, as chuvias tamén produciron 500 sinistros por valor de 2,3 millóns. Alí están traballando 14 peritos.