Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Meu Deus, están tirando guitarras!”

“Estabamos sentados na parte traseira do avión e unha persoa que non sabía que eramos músicos berrou: Meu Deus, están tirando guitarras fóra!

Finalmente, despois de 9 meses, ofrecéronme 1.200 dólares en efectivo e outros 1.200 dólares en pasaxes de avión. Díxenlles que moitas grazas pero que nese punto xa non estaba buscando unha compensación”.

Dave Carroll é un músico canadense que viaxou en 2008 cunha compañía aérea. Unha neglixencia da compañía rompeu a súa guitarra Taylor valorada en 3.500 dólares. Como non lle ofrecían unha solución gravou un vídeo cunha canción onde contaba a historia e, en moi pouco tempo, obtivo máis de 4 millóns de reproducións.

“A grandes males, grandes remedios”

Como non queremos que che aconteza nada disto nas túas viaxes, recomendámosche estes consellos para evitar contratempos.

  • Planifica con tempo e goza dos preparativos buscando destino e deseñando que lugares visitarás ao chegar.
  • Prepara a equipaxe a conciencia e non esquezas: cargadores, cables especiais, medicamentos, suficiente roupa interior e un bolso ou unha mochila.

E, ademais, contrata un Seguro de Viaxe. Evitarás sorpresas.

Con este económico seguro aforras desgustos as 24 horas do día. Pode axudarche se perdes o voo ou a equipaxe, se cancelas a viaxe, se enfermas mentres estás lonxe da casa ou sofres un accidente cando percorres a Selva de Irati ou fotografas as Casas Colgadas de Cuenca. O seguro tamén asumirá a túa Responsabilidade Civil, se, por exemplo, deixas enchufadas as pranchas do pelo e se queima o cuarto do hotel.

Din que non hai mal que por ben non veña. Sabes como rematou a historia do músico canadense? A aeroliña que destruíu a súa guitarra, United Airlines, asinou con el un contrato para adestrar o persoal laboral en atención ao cliente.