13/01/2015

Novo Regulamento de Circulación 2015 Por unha Europa máis segura

Ano novo, Regulamento de circulación novo. Nos próximos meses entrará en vigor unha nova reforma ditada por Bruxelas para unificar os países da Unión Europea. O espírito é incrementar a seguridade e fortalecer a convivencia dentro dos municipios entre vehículos a motor, bicicletas e peóns.

Bicicletas

En zonas urbanas, o límite de velocidade máximo é 30 km/h e será obrigatorio levar casco con menos de 16 anos. En vías interurbanas, TODOS (maiores e menores de 16 anos) estamos obrigados a levar o casco. Por suposto que non podes beber, non debes levar auriculares e non podes falar polo móbil.

Motocicletas e ciclomotores

Desaparece a non utilización do casco por “exención médica” e prohíbese o uso de cascos “certificados” non homologados. Excepcionalmente poden circular como acompañantes maiores de 7 anos cando estes vehículos estean conducidos polos seus pais, titor legal ou maiores de idade autorizados.

Coches

Desaparecen as exencións para os cintos de seguridade que non estean xustificadas por seguridade viaria (manobra de marcha atrás ou estacionamento). Os taxis cando estean de servizo, e circulen en áreas urbanas de grandes cidades, poderán transportar persoas cuxa estatura non alcance os 135 centímetros sen utilizar un dispositivo de retención homologado, sempre que ocupen un asento traseiro.

Velocidade

Autovías e autoestradas: segue o límite xenérico de 120 km/h aínda que haberá tramos de 130 km/h indicados por paneis luminosos. Non serán fixos xa que cambiarán segundo as condicións da estrada.

Estradas convencionais: Baixa a velocidade de 100 a 90 km/h cando sexa de menos de 6,5 metros (antes aplicábase a regra da beiravía). Se a vía é de menos de 6,5 metros de ancho a velocidade pasa de 90 a 70 km/h. O último caso son estradas estreitas sen liñas de separación cuxa velocidade será de 50 km/h (antes 90 km/h).

Vías secundarias sen pavimentar: velocidade máxima de 30 km/h.

En vía urbana: baixará a 30 km/h se só hai un carril no mesmo sentido e a 20 km/h en caso de que só exista unha beirarrúa na devandita vía.

Outros cambios

  • Detección drogas. O procedemento xeral será a detección de saliva en controis preventivos.
  • Rexistro de apoderamentos DXT. As persoas físicas ou xurídicas poderán inscribir os poderes que outorgan a terceiros para actuar (en xestión de multas, cambios de titularidade…)