Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

O 60% das empresas creban tras un ciberataque

En España prodúcense 100.000 ciberataques diarios, a maioría a pequenas empresas. Acceden aos teus datos a través de teléfonos móbiles, ordenadores, correos electrónicos…

Os negocios poden chegar a tardar case 1 ano en decatarse de que foron hackeados. O 60% deles pecharán despois polos prexuízos ocasionados. A través destes ataques róubanse os datos da clientela, os movementos das túas contas afunden a túa reputación; paralizan a actividade da empresa bloqueando os sistemas e, entón, hai que afrontar fortes indemnizacións ou mesmo pagar extorsións.

A Axencia de Protección de Datos adoita intervir de oficio e aplica sancións que roldan entre o 2% e o 4% do teu volume de negocio.

Todos somos vulnerables. O mellor é protexerte cun Seguro Cibernético que cubra a defensa xurídica, se encargue das fortes indemnizacións, así como dos prexuízos que sufra a túa empresa, limpar e volver poñer operativo todo o sistema; ademais, podería asumir os custos da ciberextorsión.

Na nosa “Correduría” temos un plan de continxencias para autónomos e pemes que dá resposta sólida e comprobada para minimizar o posible dano financeiro e de reputación que poida causar un ciberataque. Consúltanos!