“O que pega, sempre paga?”

“Un coche golpeoume por detrás tan forte que eu choquei co que tiña diante. Ambos os dous estabamos parados nun semáforo. Teño que pagar o dano que causei?”

Resposta do teu corredor. Neste caso NON. Se o terceiro coche non te golpease tan forte, non se produciría un desprazamento golpeando o coche dianteiro. Polo tanto, o coche que che pegou farase cargo da súa reparación dianteira, das túas (dianteira e traseira) e dos arranxos do primeiro coche.

Outra cousa é que o primeiro coche reduza a velocidade, ti non te decates e o golpees e o último tamén choque contigo por despiste. Entón cada un paga o seu e a reparación do que ten diante.

Consello. Enche o “parte amigable”. En colisións múltiples é mellor chegar a un acordo canto antes, pero se existen dúbidas ou discrepancias chama a policía local para facer un atestado, que en caso de aceptación tamén actuará como “parte amigable”.¡