O último bico é máis doado con este seguro

Conta a lenda que a súa orixe en España se encontra nos pescadores de Galicia. O mar traizoeiro sempre cobrou vidas entre os navegantes con graves consecuencias financeiras e emocionais no seu ámbito. Como non podían dominar as tormentas, as confrarías crearon un fondo para axudar as familias das persoas falecidas.

Certo ou non, está confirmado que o Seguro de Decesos naceu dun xesto de solidariedade espontánea das persoas que se uniron para afrontar as consecuencias económicas das desgrazas.

Trátase dun acto de amor cara ás persoas que queremos para aliviarlles desembolsos económicos e moitos trámites en momentos difíciles.

O día do adeus

Esta póliza resolve as xestións e os gastos dun enterro: ataúde, incineración, transporte, flores, tanatorio… E pode prestar outras coberturas que moitas persoas descoñecemos como atención psicolóxica ou un servizo legal que se ocupa dos papelames (tramitación de certificados de defunción e, mesmo, xestión de pensións de viuvez e testamento).

Decesos é un dos seguros máis apreciados pola nosa sociedade a pesar de que non é obrigatorio. Máis da metade da poboación española (o 57%) ten contratada unha destas pólizas.

Hai quen se pregunta que acontece se sobra diñeiro da indemnización pactada. Nestes casos as aseguradoras devólveno, pero, consúltanos, porque hai que reclamalo.

“Por desgraza, recentemente tiven que utilizar o Seguro de Decesos contratado por meu pai. Dentro das circunstancias, todo me pareceu moi correcto: a atención, os detalles, a formalidade, o servizo, resultoume todo excelente. Non teño ningunha queixa, ata tiveron detalles que non esperabamos. Moitas grazas por acompañarnos nun momento tan difícil.”