Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Os 3 seguros con premio na túa declaración da Renda son…

Con estes 3 seguros de Vida-Aforro desgravas. Non hai un mellor ca outro. Simplemente son diferentes e funcionan:

1.- PPA (Plans de Previsión Asegurados). Garántenche recuperar, polo menos, o 100% do diñeiro investido. Os PPA permítenche desgravar no IRPF as primas pagadas, cunha achega anual máxima de 8.000 €. Só tributan, como rendementos de traballo, cando os cobras por xubilación, falecemento, incapacidade laboral ou dependencia. Non son rescatables, salvo por enfermidade grave ou desemprego de longa duración. Pódelo cobrar en forma de capital, disposicións parciais ou como rende temporal ou vitalicia.

2.- SIALP (Seguro Individual de Aforro a longo prazo). Non tes que esperar a xubilarte para rescatar os teus aforros. Non podes reducir as achegas no IRPF (que non poden ser superiores a 5.000 € anuais), non obstante, si que estás exento de tributar polos rendementos derivados do Plan sempre que non se efectúe ningunha disposición antes de cinco anos desde a súa apertura.

3.- Plans de Pensións. Podes reducir as achegas na base impoñible do IRPF; o límite máximo de achega é de 8.000 € anuais. Só se dispón do diñeiro ao xubilarse (salvo enfermidade grave ou desemprego de longa duración) e unha vez que se cobra a prestación tributa como rendementos de traballo. Tamén se pode cobrar en forma de capital, disposicións parciais ou de renda temporal ou vitalicia.