Prórroga na ITV

Ata agora se non pasabas a ITV o último día que tiñas asignado cometías unha infracción grave con multa de 200 €. A Unión Europea di que a Inspección Técnica de Vehículos ten que ser barata e simple. Así que nos permiten atrasar a visita unhas semanas.

A ITV é unha obriga que debemos cumprir aos 4 anos de vida do coche. Despois acudiremos cada 2 anos. E a partir dos 10 cada ano porque se entende que o vehículo xa é vello e pode darnos problemas serios.