Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Que é peñorar un seguro?

Hai ocasións en que che piden unha garantía bancaria (como un aval) a cambio dun crédito. Se tes un seguro de Vida Aforro dispós dunha solución máis barata, sinxela e rápida que ter un aval e é peñoralo. Significa “deixar en prenda unha cousa” para garantir o pagamento dun compromiso adquirido.

Un Seguro de Vida Aforro conta cun capital garantido, e esta é a garantía, non se perde a titularidade sobre o seguro e obteranse os mesmos beneficios deste, sempre que se cumpra con ese compromiso.