Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Quen come con cordura, pola súa saúde procura” e cun Seguro de Saúde a cura

Os seguros de Saúde adoitan incluír restricións á idade e ao estado de saúde. Se non es unha persoa dos case 11 millóns que contrataron unha destas pólizas, estuda as posibilidades antes de que sexa demasiado tarde, xa que a idade e os “achaques” desta son un hándicap para a súa contratación.

Os 3 consellos imprescindibles para escoller un bo seguro son:

1.- A reputación da aseguradora: solvencia, servizos, experiencia…

2.- Trato persoal, sobre todo cando se utilizan frecuentemente as asistencias sanitarias.

3.- Garantías segundo a túa idade, xénero e estado de saúde.

Hai compañías que anulan as pólizas de Saúde ao facer os 60 anos, pero hai outras que as manteñen, incluso as adaptan á idade do asegurado. Así, poden incluír a atención de especialistas en xeriatría e doutras especialidades da terceira idade. Tamén consideran as probas diagnósticas, cirurxía e hospitalización.

Outros puntos que se han de ter en conta:

Preexistencias. Son as patoloxías que xa sufrimos antes de contratar o seguro. Debemos declaralas antes de asinar a póliza.

Copagamento. É unha fórmula que utilizan algunhas aseguradoras ao facer uso de determinadas prestacións aseguradas, cobran unha parte do importe desas prestacións cando se fai uso delas.

Cadro médico. A listaxe de médicos e centros aos que podes acudir para recibir atención médica. É importante que analices a listaxe antes de subscribir o seguro.

Carencias. Son prazos de tempo, dende que contratas a póliza, durante os que non están activas algunhas prestacións.

Como agregas os fillos ao seguro? Algúns seguros incorpóranos automaticamente, outros hai que incorporalos expresamente. Se o fas antes dos 30 días posteriores ao nacemento, estaría asegurado dende o parto.

A túa relación co seguro de Saúde é a longo prazo. Debes elixir moi ben. É importante que escollas adecuadamente analizando todas as opcións. Certas enfermidades non son aceptadas por todas as compañías. Antes de decidirte, pregúntanos. Só así acertarás.