“Quen tivo e aforrou, para a vellez gardou”

Aínda é demasiado pronto para preparar o Nadal, non obstante, xa é tarde para desempoar os aforros do colchón e investilos nun Plan de Pensións ou de Aforro. O que gardes hoxe, beneficiarate mañá, e, ademais, podes encontrarte con algúns beneficios fiscais.

Só un 16% da poboación española conta cun Plan de Pensións e só o 6,5% destina parte dos seus ingresos ao Aforro. A maior parte contrátano ao cumprir os 50 anos. Erro!  A xeración “milenial” (entre 22 e 38) xa está preocupada polo seu futuro.

Pon as pilas e acelera… Sabes como conseguir o maior aforro co teu Plan?

Confía nos que saben

As “Corredurías” de Seguros son as expertas en Plans de Pensións e de Aforro e garántecho a Lei de Mediación.

1.- Somos independentes das aseguradoras, actuamos por conta propia e só buscamos o teu beneficio.

2.- A Lei obríganos a ofrecerche asesoramento e información veraz sobre os produtos que contrates.

3.- Ademais, tanto a nosa profesionalidade coma a Lei fainos velar por que os produtos contratados sexan eficaces ante un sinistro.

En caso de discrepancias coa compañía, debemos defenderte e asesorarte na reclamación das indemnizacións pactadas.

O Sistema Público de Pensións estase esgotando. O Fondo Monetario Internacional recomenda empezar a aforrar canto antes en combinación cunha carreira laboral máis prolongada. Existen moitas formas de facelo. Dependen da idade, da túa situación laboral e persoal, dos compromisos e das responsabilidades… Nas nosas oficinas sabemos como asesorarte.

Que non che escape o ano 2019 entre os dedos.