“Se bebes, non conduzas.” NON te cobre o seguro.

O 64% dos españois non sabe que o seguro do coche non o protexe se sofre un sinistro cando consumiu alcohol. Se o condutor é estranxeiro, residente no noso país, e comete unha infracción bebido pode que non obteña a nacionalidade española.

Máis preocupante é que 8 de cada 10 enquisados non saiba que é responsable dos danos que causa un condutor insolvente ao que lle prestamos o coche, se deu positivo nun control de alcoholemia, mesmo se o seguro é a todo risco.

En calquera caso, cada vez somos máis conscientes dos efectos do alcohol ao volante. Un 26% levamos o condutor ebrio á casa e outro 23% quitámoslle as chaves. Son datos da enquisa elaborada por Automobilistas Europeos Asociados (AEA) que deseñaron a campaña “Non o deixes conducir se bebeu”.