As ondas de calor, as sarabiadas e os incendios forestais están afectando as explotacións agropecuarias do noso país. Os danos provocan a erosión do solo e crean situacións denominadas de “estrés hídrico”, mesmo en zonas de regadío, onde aumentan os consumos de auga.
Efectos do cambio climático
O cambio climático, polo que parece, avanza máis rápido do previsto e xera un incremento das temperaturas, fenómenos meteorolóxicos extremos e radicalización do clima. As zonas húmidas humedécense cada vez máis e as secas tamén secan máis.
As previsións indican que a Terra continuará o seu proceso de quentamento, o que provocará máis evaporación. Tamén crecerá o nivel do mar. No último medio século subiu a temperatura dos océanos, que incrementaron a súa superficie a consecuencia do desxeo dos glaciares, cuxas augas desembocan en zonas mariñas.
As temperaturas elevadas provocan chuvias fortes e tormentas. Combinadas co aumento termométrico, intensifícase a evaporación e aumenta a seca.
2015, posiblemente, o ano máis caloroso da historia
A primeira metade deste ano é a máis cálida en todo o mundo dende que existen rexistros. A temperatura media global do último semestre é de 0,85 °C sobre a media do século XX. Non obstante, a temperatura da superficie terrestre no mundo está 1,40 °C por enriba da media do século pasado.
Un estudo das universidades Pablo de Olavide (Sevilla) e Complutense (Madrid) e do Instituto de Xeociencias do CSIC sostén que o verán creceu 21 días en 35 anos polo cambio climático. É dicir, o verán alongouse en Europa significativamente dende 1970, cun ritmo media de 6 días por década.
Os Seguros Agrarios
O campo sempre mira ao ceo, ao cambio climático e ao quentamento do planeta. Para previr, o Ministerio de Agricultura prestou en 2015 o máximo apoio que permite a Unión Europea nos seguros que cobren os danos de catástrofes, ao asumir o 65% do custo da póliza.
O Plan do Ministerio ofreceu en 2015 un incremento entre o 7% e o 33% nas subvencións base “para aqueles agricultores que prefiran subscribir pólizas que ofrezan maiores coberturas que as que indemnizan por danos catastróficos”.
Ademais, tamén permitiu o fraccionamento nos pagamentos das pólizas agrícolas superiores a 3.000 €.
Como o teu experto en seguros non dubides en consultarnos: máis vale previr que lamentar.