Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Sen dúbida o verán da miña vida!”

Encantoume pasar tempo coas miñas novas amizades. Cada día había cousas distintas que facer: xogos, excursións, viaxes, cacharelas, traballos manuais… Paseino moi ben”. María

Como me gusta!”

O/a teu/túa fillo/a pode elixir entre campamentos urbanos ou residenciais. Hainos dedicados á robótica, ás artes escénicas, á cociña, campamentos deportivos ou musicais… Ademais, son divertidos, aprenden a compartir, están en contacto coa natureza, desenvolven habilidades sociais e autonomía persoal adaptándose a un ámbito descoñecido e afrontando novas situacións. E, sobre todo, pais e nais descansan coa tranquilidade de saber que os menores están en boas mans. Porque, ademais: os campamentos deben estar ben asegurados.

A Lei obriga a que os campamentos teñan contratado un Seguro de Accidentes, protexendo, tanto os monitores como os nenos e as nenas, de calquera incidente que poidan sufrir, grazas a esta garantía cóbrense os gastos de asistencia sanitaria, mesmo indemnizacións por discapacidade ou falecemento.

Por suposto, tamén deben ter contratado un Seguro que cubra a Responsabilidade Civil, respondendo así dos danos, tanto persoais como materiais, que puidesen causarlles a terceiras persoas.

“Ademais ensináronme valores para a vida; valores educativos para ser mellores persoas e para mellorar o mundo no que vivimos.” Apolline