Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Toda a verdade e nada máis que a verdade sobre os Seguros de Vida

Circulan varias lendas falsas sobre os seguros de Vida: que só cobren invalidez ou falecemento, que non inclúen asistencia médica, que son máis caros para as mulleres, que a túa profesión non está cuberta, que non podes contratalo se estás enfermo…

Falso!

2018 pechou con case 31 millóns de pólizas de Vida contratadas en España, a metade desta cifra está formada por clientes que aseguran unha indemnización en caso de falecemento e invalidez, e a outra metade faino por previsión e asegurar “un colchón”. Hai quen “non quere pagar por algo que non vai utilizar” ata que un accidente lle impide cumprir cos recibos do alugueiro, a hipoteca, facturas, estudos…

As 3 verdades

1.- O seguro de Vida NON ten idade. A contratación dun seguro de Vida non está ligado á formación da familia, tampouco á adquisición dunha hipoteca ou a alcanzar certa idade. Pódese contratar desde os 14 anos ata os 65, que é o habitual, pero tamén existen posibilidades para facelo despois. O obxectivo é diferente segundo as túas circunstancias: aforro, protección aos teus herdeiros, cubrir as túas débedas se faltas…, mesmo protexerte economicamente se sofres unha incapacidade que non che permita seguir obtendo ingresos a través do traballo.

2.- Se tes unha enfermidade grave non quedas sen seguro. Cando contas cunha póliza vixente e contraes unha enfermidade, a compañía non cha pode anular. Aínda que sempre se lle deben comunicar á compañía os cambios significativos: un cambio laboral, práctica de deportes arriscados, a aparición dunha enfermidade…

3.- Os comparadores de seguros non son un choio. Din que terás “o mellor servizo ao mellor prezo” e é falso. Cada vez aumentan máis os clientes descontentos.

Nas “Corredurías” de Seguros sabémolo todo sobre seguros. Antes de propoñerche nada preguntarémosche cales son os teus hábitos e o teu modo de vida. Ofrecerémosche diferentes opcións e explicarémosche os puntos a favor e en contra de cada unha. Ti es quen decides, pero para iso debes ter a información correcta.