Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Tranquilo… O teu billete de bus ou avión inclúe un seguro

Todos os transportes públicos teñen a obriga de contratar un seguro obrigatorio de viaxeiros. Non facelo está considerado delito. Cobre os danos corporais que un pasaxeiro poida sufrir. Se vas en autobús, en taxi, tren, avión, barco… o billete que adquires inclúe un seguro. Dá igual se vas traballar ou a unha viaxe de pracer a Laponia.

Á parte, os transportes levan un seguro de Responsabilidade Civil que asume a responsabilidade que o condutor lle poida causar a outros, incluídos os acompañantes.

Estás xa máis tranquilo?