Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Un amig@ conduce o meu coche e ten un golpe… Pago eu?

Cristina vai de vacacións con 2 amigas máis no seu coche. Altérnanse na condución para cansarse menos e, de paso, aforran combustible, contaminan menos e é divertido. Durante a viaxe, Lola, outra das rapazas, choca cunha moto.

Tranquil@s que o seguro tamén pagará estes danos. Pero ollo!, Lola deberá reunir determinados requisitos para estar protexida, que variarán segundo a aseguradora. As pólizas adoitan incluír condutores ocasionais con máis de 26 anos e carné de conducir dende, polo menos, 2 anos.

Excepción: Se se detectan drogas ou exceso de alcohol.