Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Vas á praia? Coidado augamares!

É verdade que o verán atrae as augamares ás nosas praias, pero non é certo que sexa pola calor senón polas correntes. Outros rumores infundados son:

  • As augamares atácannos. Se as rozamos, pican, pero non cazan as persoas.
  • Urina, auga doce, fregar con area, vinagre. Non son remedios correctos e (agás o vinagre nalgúns casos) expanden a erupción cutánea.

En caso de picadura, o mellor é aplicar auga de mar durante 15 ou 30 minutos para reducir o proído. Tamén alivia o xeo dentro dunha bolsa (para que non se derrame a auga). Acude rapidamente ao posto de socorro e toma paracetamol ou ibuprofeno para a dor (se non tes contraindicacións médicas).

Lembra que co teu Seguro de Saúde estás protexido e leva sempre a tarxeta contigo.